domingo, 1 de maio de 2016

ARTEFACTO SALNÉS 2016

Bueno, pois haberá próximo concerto no que participaremos os Killing Floor máis eu na INAUGURACIÓN da exposición CANCIONEIRO do Artefacto Salnés, arte de alumnado do instituto Ramón Cabanillas e de artistas xa recoñecidos! Compartide para que chegue aos vosos contactos, e verémonos na Sala de exposicións Pazo Torrado o Venres 6 de Maio.

O concerto será de cancións coñecidos de distintos grupos de todo o Estado.

luns, 25 de abril de 2016

Carta de amor




A inspiración non é o meu
pero cando che vexo a ti
o mundo apártase de min
agás ti.

Eu son moi xoven pra escribir
cartas de amor sen un fin
pero namoreime de ti
e a vida combioume nun "plin"...

O cuco canta para as tres,
o sol xa nace na "montana",
as aves migran cara o sur, o inverno xa ven pa' aquí 
e os días fanse mais curtos.

A iñorancia é o mellor
sin saber qué pensas de min,
hai unha alma na estación cerca do meu corazón
Cando un é o relator...

Pero a vida non é inmune
ós problemas da amizade.
Non che escribo desde hai tempo que só che falo en silencio,
que só che falo en silencio.

Si escoitas esta canción
que xusto agora me lembrou,
si se me esquece algunha vez, tentarei de recordar
para sempre e nunca máis.
                       Anxo Xesteira

xoves, 21 de abril de 2016

Concerto en Aleria ás 23:00h. Alí vos esperamos!



Levaremos clásicos en español de grupos coñecidos e algunhas pezas propias e versións de grupos en galego.